lunes, 15 de octubre de 2012

As 3 W e os hipertextos


World Wide Web (WWW) o Rede Informática Mundial é un sistema de distribución da información baseado en hipertextos ou hipermedios enlazados e accesibles a través de Internet. Cun navegador web, un usuario visualiza sitios web compostos de páxinas web que poden conter texto, imaxes, vídeos e outros contidos multimedia, e navega a través delas empregando hiperenlaces.

A WWW foi creada polo físico británico Tim Berners-Lee, coa axuda do físico belga Robert Caillau, mentres traballaban no CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas) de Xenebra (Suíza). As investigacións comezaron en 1989 e entre 1990 e 1991 aparece o primeiro servidor web e un browser ou navegador para interfaces de tipo de texto. Desde entón, Berners-Lee xogou un papel activo guiando o desenvolvemento de estándares Web (como as linguaxes de marcado coas que se crean as páxinas web), e nos derradeiros anos abogou por unha visión dunha web semántica (o obxectivo desta é a mellora de internet a través de informacións adicionais que describen o contido, o significado e a relación dos datos).


File:WWW logo by Robert Cailliau.svg
   Aquí podemos ver o antigo logo da 
World Wide Web deseñado por Robert 
Caillau.















Por tanto, a Web é un conxunto de redes de páxinas de documentación que nos permite traballar coa información. O funcionamento da WWW require dos seguintes elementos:
  • Protocolo http:// ou Hypertext Transfer Protocol. Permite a comunicación cun servidor web e o protocolo TCP é o que lle dá soporte.
  • URL ou Uniform Resource Locator (Localizador de Recursos Uniforme). A súa estrutura é a seguinte:
http(1)://www.usc.(2)es(3)/xorna(4)/portada.htm(5)

1.      Método de acceso ou protocolo.
2.     Enderezo do servidor ou nome do dominio internacional.
3.     Dominio do primeiro nivel.
4.     Directorio.
5.     Ruta de acceso.
  • Linguaxe HTML ou HyperText Markup Language (Linguaxe de Marcado de Hipertexto). É a linguaxe de representación dun texto por parte dos navegadores. 
Exemplo de HTML. 






O HTML está composto por:
- <script>:
- <head>: define a cabeceira do documento, que soe conter infomración sobre o documento que non se mostra directamente ao usuario. No head atópase:
     <title> O título da páxina.
     <link> Para vincular o sitio a follas de estilo ou iconos
     <style> Para colocar o estilo interno da páxina, ben usando CSS ou outras linguaxes similares. Non é necesario colocalo se se vai vincular a un arquivo externo usando a etiqueta <link>.
     <meta> Empregado para metadatos como a autoría de licencia.
- <body>: é o que define o contido principal do corpo do documento. Esta é a parte do documento html que se mostra no navegador (é dicir, é o que se visualiza na páxina web) e dentro de esta etiqueta poden definirse propiedades comúns a toda a páxina, como a cor de fondo e marxes. Dentro do corpo (<body>) é posible atopar numerosas etiquetas.
A maioría de etiquetas deben de pecharse como se abren, pero cunha <</>> ao final, tal e como se mostra no seguinte exemplo: <table><tr><td>Contenido de una celda</td></tr></table>.

Os navegadores son programas que interpretan o documento que se atopa no servidor WWW e o traducen á pantalla do monitor. Os navegadores máis empregados son os seguintes:
  • Mosaic.
  • Netscape.
  • Internet Explorer. Hoxe en día é o que empregan a maioría dos usuarios, eu inclúome. Este navegador pertence á Microsoft e é creado no ano 1995. 
  • Mozilla Firefox.
  • Google Chrome. Este é o que máis emprego.
  • Opera.

Para rematar, falaremos do hipertexto.
O termo "hipertexto" foi acuñado por Ted Nelson no 1965 e é o nome que recibe o texto que na pantalla dun dispositivo electrónico permite conducir a outros textos relacionados, pulsando co rato ou o teclado en zonas destacadas. A forma máis habitual do hipertexto en informática é a de hipervínculos ou referencias cruzadas automáticas que van cara outros documentos (lexias). Se o usuario selecciona un hipervínculo o programa mostra o documento enlazado. O programa empregado para ler os documentos de hipertexto chámase navegador, o browser, e cando seguimos un enlace dicimos que estamos navegando pola web. É unha das formas da hipermedia, enfocada para deseñar, escribir e redactar texto nunha media. Polo tanto, e resumindo, un hipertexto é unha estrutura narrativa na que os elementos significativos son os nodos e os enlaces, que constitúen redes (as redes son un conxunto de páxinas interconectadas).
Os hipertextos están baseados en catro elementos fundamentais:
1.     Nodos ou lexias, que pode ser unha páxina, un parágrafo, unha frase ou un documento completo.
2.     Enlaces ou links, que son as conexións entre os nodos.
3.     Anclas ou anclaxes, que é a palabra, frase ou imaxe sobre a que se asenta o link.
4.     Redes, que é o conxunto de nodos e enlaces.
O hipertexto ten unha serie de peculiaridades:
- É un modelo non lineal de lectura, convertíndose nun modelo de lectura diferente. Por exemplo, un modelo de lectura lineal son os arquivos PDF.
- É unha forma non secuencial para acceder á información, é dicir, permítenos decidir que percorrido facer.
- É unha actividade dinámica, representada por un desprazamento multidireccional.
- A clave do hipertexto son os enlaces.
- Presenta un percorrido infinito, xa que un enlace leva a outro enlace e así sucesivamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario