lunes, 8 de octubre de 2012

As rúas revoltas: o 25S.


Análise da marcha/s rodear el Congreso
(puntos de vista con documentación para incorporar aos blogs)


¿Que pasou onte (25/9/12) en Madrid?
    Unhas 6000 persoas, segundo a delegación do Goberno, responderon ao chamamento da Plataforma ¡En Pie! e chegaron á capital desde distintos puntos de España cun obxectivo común: rodear o Congreso (a marcha tiña por lema "Rodea o Congreso"). Os cidadáns din estar "Fartos de tanta mentira, de tanto roubo e de tanto engano" e así botáronse á rúa para denunciar "os privilexios" da clase política. 
    Os diputados de IU aproveitaron as súas intervencións para apoiar a protesta na tribuna e saíron a sumarse por momentos, aínda que algúns, como Cayo Lara, foran recibidos con abucheos.
    Sobre as sete da tarde producíronse os primeiros enfrontamentos e detidos na praza de Neptuno, que remataron con  feridos, entre eles 27 policías, e 35 detidos. A esa hora, detrñas das vallas e de centenares de policías a pé, a cabalo e con cans, seguíase celebrando o pleno no Congreso dos Diputados, que se extendeu ata as once da noite.

(Informacións extraídas das edicións dixitais de El País e El Mundo do 26 de setembro).







Plaza de Neptuno (Madrid). Ao redor de 6000 persoas asistiron á manifestación do 25S.








¿Que papel xogou a policía?
   Para contestar a esta pregunta remítome ao artigo 104 da actual Constitución española, que di o seguinte: "As Forzas e Corpos de seguridade, baixo a dependencia do Goberno, terán como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá". Sen embargo, neste caso, a Policía incumpliu totalmente este punto, dedicándose a coartar o dereito de manifestación dos cidadáns españois.
Gustaríame recomendaros esta publicación dun blog relacionada co que estou a expór.
Policías de paisano arrestando a un manifestante
    Moitos dos medios de comunicación recolleron posteriormente esta denuncia, é dicir, unha grande parte dos policías ían vestidos de paisano (así o recolle na súa edición en papel do 26 de setembro o diario ABC, ou El Mundo na edición dixital da tarde do 26infiltrándose entre os manifestantesincitando á violencia e dando malleiras aos manifestantes de Madrid (como se o ambiente non estivera suficientemente caldeado!). Os ataques e as represións policiais chegaron incluso ata a estación de Atocha (Madrid). 
    Segundo El País, máis de 1300 axentes procedentes de 30 dos 52 grupos das Unidades de Intervención Policial (UIP) da Policía Nacional, chegados de toda España, foron desplegados en Madrid. Había un total de tres aneis de seguridade en torno ao Congreso, dous dos cales se pecharon a cal e canto antes das seis da tarde. Un grupo de guías caninos máis algunhas unidades de cabaleiría completaban o dispositivo. Á fronte de todo, entre os axentes de Neptuno, atopábase o comisario xeral da Seguridade Cidadá, Florentino Villabona.
Axente da Policía con can

¿Que papel xogaron os manifestantes?
    Ao redor dunhas 6000 persoas, segundo a Delegación do Goberno, concentráronse na praza de Neptuno aquel martes 25 de setembro para mostrar o seu descontento coa clase política y para reivindicar a disolución das Cortes e a modificación da Carta Magna. O que pretendía ser unha manifestación pacífica resultou ser unha batalla campal. Un dos primeiros detidos -ao redor das 18 horas-foi un membro do Sindicato Andaluz de Trabajadores (SAT), quen saltou unha das vallas que rodeaban o Congreso. A situación descontrolouse a partires das 19 horas cando un pequeno grupo tentou romper parte da valla dun dos extremos da praza e a policía interviu. Foi cando se produciu a primeira carga e se levaron aos primeiros detidos. Os axentes entraron e desaloxaron pola forza a todos os que estaban a carón da valla, ocupando a parte da rúa máis próxima ao cordón policial. A tensión seguía no ambiente e pasadas as 21 horas os antidisturbios volveron cargar con golpes e pelotas de goma contra os manifestantes que se encontraban nas proximidades da praza de Neptuno. O obxectivo era atomizar a protesta e unha hora máis tarde, este estaba cumprido. Deica ás 23 horas, varias decenas de manifestantes facían acto de presenza en Sol. De novo as referencias ao 15-M eran indefectibles. Entre 200 e 300 persoas improvisaron unha asemblea pouco antes da medianoite e foi aquí onde se fixo máis tanxible o descontento dos asistentes coa forma na que se desenvolveron as protestas. Pouco antes da unha da madrugada, a concentración de Sol quedaba disolta.
     Así, como xa dixen e recollen os medios de comunicación, a situación saldouse con 35 detidos, sendo imputados oito organizadores das protestas pola Audiencia Nacional.

    A protesta tamén se dispersou por outras capitais españolas: en Barcelona, unhas cincocentas persoas concentráronse frente ao Parlament, 300 persoas reuníronse frente ó concello de Palma de Mallorca , 200 manifestáronse ás portas do Parlamento asturiano en Oviedo e un centenar protestou frente ao Parlamento estremeño en Mérida. Simultaneamente, tamén houbo concentracións ante as embaixadas de España en diferentes capitais europeas como Londres, París, Ámsterdam ou Bruxelas.



Que papel xogou a clase política? ¿Cantos deputados asistían ao pleno?
    Tocante á clase política, ofrécese unha maioritaria oposición ao 25-S por parte dos partidos políticos, exceptuando a esquerda, e unha forte división nas filas do 15M.
    Así, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, posiciónase a en contra do 25-S, mais quen acaparou todo o protagonismo foi a delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, comparando o movemento cun golpe de Estado como o 23F, ao igual que a súa compañeira María Dolores de Cospedal, xunto co Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, quen felicitou publicamente á Policía "pola súa actuación magnífica e proporcional".
     O líder do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, subliñou que sería "un erro" que os políticos vexan sós os aspectos de orde pública acontecidos o 25S, pois tamén deben actuar para combatir o rexeitamento á política, que "ten que ver coa sensación  de que esta non pode facerlle fronte á crise e coas actitudes dos políticos e os Gobernos". Aínda así, o día anterior aos acontecementos, a número dous do PSOE, Elena Valenciano, pronunciábase a favor do 25S coas seguintes declaracións: "pódese protestar sempre que se estea dentro da lei", aínda que lembra que "o Congreso é a representación da soberanía popular".
    Por outra banda, o diputado de IU Gaspar Llamazares, apoia totalmente a manifestación e móstrase contrario á actuación policial, pedindo así mesmo a dimisión da propia delegada do Goberno, Cristina Cifuentes, tal e como se pode ver no vídeo emitido polo programa da Sexta Al rojo vivo o 26 de setembro. Igualmente pronunciouse a favor o diputado do Parlamento Andaluz Sánchez Gordillo, ao mesmo que outros partidos de esquerda e/ou eoloxistas, malia que extraparlamentarios, como Izquierda Anticapitalista, PCE, En Lucha o Ecologistas en Acción.
    Se falamos dos medios de comunicación resultoume chamativa a portada do 26 de setembro de La Razón, cunha imaxe dos manifestantes empurrando as vallas baixo o título de "Golpe á democracia" (extraída do twitter do seu director, Francisco Marhuenda).
     Segundo o Diario de Sesións do Congreso dos Deputados contabilizáronse uns 314 votos, aínda que o xornal El País soamente cuantifica 50 diputados asistentes ao Congreso.



Que pasou no pleno do Congreso?

    O Diario de Sesións do Congreso dos Deputados recolle unha xornada máis, como se nada acontecera nas rúas de Madrid ese martes 25 de setembro. A sesión plenaria número 57 abriuse ás 16:05 horas e pechouse ás 22:50 horas, á que asistiron 314 deputados.



Por que foi a concentración? Quen chamou á concentración?
     A manifestación foi convocada pola plataforma ¡En Pie!, coordinadora do 25-S, baixo o lema "Ocupa o Congreso" debido ao descontento ocasionado por este Goberno. No manifesto de convocatoria do 25-S pode lerse como a plataforma reclama "a dimisión do goberno en pleno", "a abolición da actual constitución" e "o proceso de construción dun novo sistema de organización política económica e social cara un modelo verdadeiramente xusto e solidario no que o pobo sexa o verdadeiro protagonista".
"Rodea el Congreso", lema do 25S

Onde vistedes as noticias? Como valorades esa información recibida? Que lle faltaba a esa información?
    Fundamentalmente seguín o 25S a través de medios dixitais, como El Mundo ou El País, e a rede social Twitter. Tamén consultei ao día seguinte as edicións impresas dos diarios, así como as dixitais, e vin os telediarios de TeleCinco e La Sexta. Posteriormente seguín a análise feita da manifestación polos programas de La Sexta Al Rojo Vivo e El Intermedio, ou El Gran Debate de TeleCinco.
    A medida que se ían coñecendo máis datos a información ampliábase máis. É salientable a cobertura realizada polas edicións dixitais de El Mundo e El País, xa que ofreceron unha grande cantidade de material audiovisual e iconográfico. Sen embargo, os informativos de Telecinco non lle dedicaron moito tempo, mentres que os de la Sexta ofreceron unha información exhaustiva e detallada. A rede social Twitter pode cuestionarse como fonte fiable, pero o que non cabe duda é que grazas a ela puideron ver a luz unha morea de vídeos e fotografías.
    En canto a medios estranxeiros, CNN, The Telegraph, The Guardian, BBC, The New York Times,The Wall Street Journal, Le Monde, Il Corriere della sera, The Washington Post ou a CBS tamén se fixeron eco da noticia, entre outros. (Se vos interesa ver as portadas das edicións dixitais destes xornais facede click aquí).


Que consecuencias ou que lectura se pode facer ou entresacamos da concentración / manifestacións?
     Evidentemente, a primeira lectura que podemos facer é a correspondente ao malestar e descontento social que existe en torno aos nosos políticos e ao Goberno español. É evidente que as reformas e recortes aplicados polo Goberno son de extrema dureza e, como é lóxico, a cidadanía protesta.
    En canto ao xornalismo, o 25S serve para ver a implicación de todos os medios de comunicación, independentemente da súa ideoloxía, por ofrecer a maior cobertura informativa. O desplegue de medios foi exhaustivo por parte de algúns. Tamén pódese observar a implicación cidadá por divulgar fotografías, vídeos e describir coas súas propias palabras o que estaba a acontecer en Neptuno, así como o importante labor dos xornalistas e fotógrafos, tanto desde as redaccións como a pé de rúa.
  



¿Que outras preguntas habería que facerse?
    Deberiamonos preguntar se é necesaria unha reforma constitucional como propoñía a plataforma ¡En Pie! e tamén, ao meu xuízo, se é necesaria unha maior participación cidadá na vida política. Por outra banda, tamén sería moi cuestionable o tema da redución de políticos do Congreso dos Deputados, así como a eliminación do Senado. E que outro tipo de reaxustes se poden facer sen que o cidadán e os funcionarios saian tan perxudicados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario