lunes, 22 de octubre de 2012

Introdución á Documentación Informativa

Resumo
    Este traballo ten por obxectivo realizar unha pequena investigación sobre as características da Documentación Informativa, así como a súa relación cos medios de comunicación. Intentarei facer un esquema xeral sobre o seu ámbito de desenvolvemento, así como explicar as súas características, funcións e os obxectivos que persegue. Tamén reflexionaremos sobre o papel que xoga a Documentación Informativa na actualidade e a relación que existe entre un xornalista e un documentalista, entre o ciberxornalismo e a Documentación Informativa.


Palabras clave
    Documentación, xornalismo, medios de comunicación, internet, rede.


Introdución
    Os medios de comunicación de masas son instrumentos básicos de difusión. Deben informar de xeito veraz e obxectivo a un público variado e amplo, e son o instrumento por excelencia que permite situar e analizar no seu contexto feitos recentes da historia actual e concretamente a do século XX, dado que tanto a prensa como a radio e a televisión, en maior ou menor medida, recollen, comentan e analizan os distintos aspectos da vida do mundo, día a día, desde diferentes puntos de vista.
    Os medios de comunicación son fontes de información e independentemente da diversidade de formas, aduiencia, periodicidade, etc., polos seus contidos, interésanse con máis ou menos profundidade por tódalas actividades humanas e tratan practicamente de tódolos dominios do saber.
     Toda a información que proporcionan os medios de comunicación, da índole que sexa, forman un fondo documental moi valioso que debe ser ordenado e tratado, psoto que a información está dispersa, empregando as técnicas documentais máis adecuadas, para que poida ser empregado de xeito retrospectivo para satisfacer da mellor forma posible as demandas dos usuarios, xornalistas en primeiro lugar, mais tamén investigadores, estudosos, estudantes ou público en xeral que demande información.
     Como afirma Harold Jackson, "un dos instrumentos máis valiosos dun xornalista é o emprego creativo e intelixente de material de consulta, referencia e arquivo".
     Unha boa documentación é a base imprescindible para que a tarefa informativa adquira un bo nivel, tanto cualitativa como cuantitativamente. Polo tanto, é importante e convén expor as necesidades e a problemática da documentación xornalística de características peculiares. A documentación xornalística ten un unhas características específicas que a diferenzan da documentación noutros ámbitos, características por outra banda, comúns a tódolos medios. Aínda que a xestión do arquivo poida ser distinta  segundo o medio (prensa, televisión, radio ou arquivo fotográfico), debido fundamentalmente aos distintos soportes de documentos, as características dos seus servizos de documentación son moi semellantes en tódolos lares, xa que a forma de empregar a información por parte do xornalista non difire dun medio a outro. A diferenza soamente radica nos prazos para atopar a información.
     A pesar de que existen problemas particulares dos servizos de documentación dos distintos medios derivados das formas diferentes de difusión e dos distintos soportes empregados (radio: arquivos sonoros; televisión: arquivos de imaxes; xestión de fonotecas na prensa escrita; arquivos de fotografías), o problema común a todos eles é a necesidade de dispoñer dunha información xornalística retrospectiva, fiable, actualizada e de rápido acceso.
     O ser humano produce e consome infomración e coñecemento de forma continua e por unha grande variedade de canles. Algunhas destas son privadas, como as conversacións personais ou telefónicas, o correo tradicional ou electrónico. Outras canles son públicas e permiten transmitir información básica cara moitas persoas. Así os xornais ou emisoras de radio e as canles de televisión mantennos infomrados de xeito continuo. Os estados e os gobernos informan tamén dun xeito sistemático e poñen ao noso coñecemento toda a información relativa á regulación das nosas vidas no espacio público.
    Toda esta información, coñecemento ou ideoloxía chega, na nosa civilización, con moita facilidade aos seus destinatarios. E produce enormes cantidades de documentos nos máis variados soportes que ás veces, por interese persoal, conservamos. Pero a conservación sistemática de todo isto é unha necesidade para a sociedade, posto que moitas veces precisará recurrir ao antes escrito. Por elo desde moi cedo na historia da humanidade aparecen lugares que se encargan de conserva-los documentos e case á vez que o ser humano inventa e desenvolve a escritura xorden as primeiras coleccións de documentos, arquivos e as bibliotecas.


Concepto
     Nas orixes da conceptualización da ciencia da Documentación está a obra de Paul Otlet (1934), que sitúa o obxecto da Documentación no "documento, biblión o bibliograma", é dicir, o conxunto inseparable de información e soporte, "o pensamento xa fixado por escrito das palabras ou imaxes das cousas, signos visibles, fixados nun soporte material", reulado da creación intelectual do home obxecto, unha vez reproducido, de cultura e civilización. A documentación é pois, a ciencia dos documentos, pero tamén a ciencia auxiliar de tódalas ciencias, porque as súas actividades facilitan o desenvolvemento desta, ordenando os materiais e facilitando o acceso a eles por parte dos científicos, e porque lles impón as súas normas desde que eles deben plasmar os seus resultados nun documento. Así, Otlet conclúe a súa definición de documentación do seguinte xeito: "ciencia xeral que abarca o conxunto sistemático clasificado dos datos relativos á produción, conservación, circulación e utilización de escritos e documentos de calquera especie".
     A ruptura desde o punto de vista otletiano, deixando aparte as discusións de enfoques sobre as relacións existentes entre Biblioteconomía e Documentación, viría dada pola perspectiva norteamericana, que pasa a denonimar a Documentación co termo Ciencia da Información. Non é un simple cambio terminolóxico, senón o resultado da observación do feito de que coa aparición da tecnoloxía informática e a súa inclusión nos procesos e actividades relacionados coa Documentación, o binomio información/soporte, característico da teoría otletiana, veríase en anacos. Os teóricos da Information Science, e os seus seguidores das escolas soviética e alemana, centran o interese no proceso de transferencia de información, independentemente do seu contido, e, en concreto, na recuperación da información (Informatio Rerieval) previamente tratada nun proceso anterior, o proceso documental. A perspectiva informativa "nace da consideración dun proceso documental como proceso informativo; aprovéitase, por tanto, da metodoloxía das ciencias informativas e establece sobre a categoría dos despósitos documentais -arquivo, biblioteca, museo, etc.- a aplicación do fluxo informativo e a dinamización das fontes para obter un novo coñecemento".
      O profesor Desantes avanza substancialmente a cuestión de situar no contido do documento o obxecto da Documentación cando afirma que "a mensaxe é o centro obxectivo do proceso informativo e pódese afirmar que é o núcleo mesmo do proceso documentario", establecendo unha complexa tipoloxía en función da súa disposición no complexo comunicativo-documental. Proceso que é situado no centro da concepción "ordinaria" de Documentación de Sagredo e Izquierdo que sinalan que "a Documentación é o proceso de comunicación polo que un individuo (persoa ou colectividade) recibe as referencias duns obxectos (os "documentos" debidamente tratados, expresa ou presuntamente pedidos, relativos a un determinado dominio de actividade social que o individuo desempeña, tales que o fan competente para o exercicio desa actividade, cando os manexa adecuadamente". Otlet é obxecto de estudo na obra de Sagredo e Izquierdo, a fin de establecer un concepto lóxico-lingüístico de Documentación.
     Por outra banda, a RAG (Real Academia Galega) define "documentar" deste xeito:
 v.t.


1. Proporcionar a [alguén] documentación, información ou calquera tipo de datos interesantes sobre un asunto determinado. Documentounos ben sobre a cultura dos celtas. cf. informar 2. Probar [algo] por medio de documentos. Na súa obra documenta a existencia de personaxes históricos ata agora descoñecidos. cf.testemuñar .
v.p.
3. Adquirir documentación ou información sobre un asunto. Documentouse nunha hemeroteca. cf. informarse .

      Documentación significa reunir, abrir e facer útiles os documentos sistematicamente. É unha ciencia con maior ámbito de aplicación e extensión ao abarcar todo tipo de documentos e non unicamente o fondo librario. Aplica procesos de selección de materiais, organización, catalogación, análise de contido (resumo e indización). 
     Polo tanto, a documentación é unha disciplina científica que trata de recompilar, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de distinto tipo para facela accesible a calquera persoa que poida necesitala.
      Pero ademais documentación é un instrumento para xerar procesos de organización e circulación de todo tipo de coñecementos. Unha disciplina instrumental, xa que sirve a toda as demais ciencias para localizar información necesaria para o avance do coñecemento.
     Galdón López fai a súa propia definición de Documentación Informativa ou xornalística: "o modo informativo que ten por obxecto a valoración, selección, clasificación e arquivo para o seu posterior uso de textos e referencias sobre ideas, feitos, xuízos e opinións, ca fin de elaborar a información xornalística e/ou difundir información documental de base xornalística" (1989).
       Outros estudosos definen así "documentación":
     "Documentación é unha disciplina que se ocupa basicamente de aplicar unha chea de técnicas que permiten estruturar e organizar os documentos en chamados sistemas de información. Só así será posible a recuperación e localización dos documentos, da información." (Adoració Pérez Alarcón).
      "Documentación ensínanos a clasificar, organizar, resumir e extraer as palabras claves (indización) das mensaxes de forma eficiente e útil, facilitando e axilizando a recuperación das informacións no momento preciso, cando son necesarias para o desenvolvemento do traballo." (Ángeles López Hernández).
     "Actividade científica que se ocupa de recoller e tratar as fontes de coñecemento, almacenar a información, facilitar a recuperación e proceder á difusión de forma rápida e eficaz. A súa orixe está na Bibliografía, que pasa a engrosar máis tarde o concepto de Documentación. A Documentación xira en torno ao tratamento e difusión de documentos. O obxecto da documentación: o coñecemento e os seus procesos de transferencia a través de documentos." (Gloria Carrizo Sainero, Pilar Irureta-Goyena Sánchez e Eugenio López de Quintana Sáenz).
      "Documentación é o procedemento e a ferramenta que axuda a comprender e ordenar o caos cognitivo xurdido a partir do crecemento exponencial da información tecnocientífica no entorno da revolución industrial do século XIX. Uso de criterios científicos de organización e circulación. Ademais documentación é un instrumento para xerar procesos de organización e circulación de todo tipo de coñecementos." (Antonio García Gutiérrez).
     "Documentación non é só xestión de arquiivos, é valoración e aportación de datos, análises e opinións". (Miguel Moreno Gallo). 
     "Documentación é ciencia xeral que ten por obxecto o estudo do proceso de comunicación das fontes documentais para a obtención de novo coñecemento” (José López Yepes).
    "Conxunto de ciencias e técnicas documentais ao servizo de: a) a produción de informacións de actualidade, b) o incremento da súa calidade, c) o seu almacenamento e conservación e d) a súa difusión e reutilización" (Codina).


Principios
     Os principios que caracterizan é documentación xornalística (ou documentación informativa ou documentación nos medios) foron expresados por Galdón e son os seguintes:



1. Teolóxicos. Definidos polos obxectivos finais que se pretenden alcanzar, é dicir, veñen marcados polos obxectivos fundamentais da información xornalística (a verdade informativa e a súa intelección por parte do destinatario).
·          Verificativo.
A causa orixinaria fundamental da actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta cara á consecución da verdade informativa mediante a comprobación da veracidade dos textos e referencias que se valoran e difunden, e a súa conseguinte purificación e complemento.
·          Explicativo.
A causa final específíca da actividade documental xornalística, pola cal esta ordénase cara á intelección da verdade informativa mediante a valoración e potenciación da comunicabilidade e carácter aclaratorio dos textos e referencias cuxa veracidade se comprobou e completado
·          Editorial.
A causa adicional secundaria da actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta á fundamentación de opinións e ideas dende a perspectiva particular de análise marcada polos principios editoriais da publicación propia.

2. Formais e circunstanciais. A razón de ser  da docunentación está no seu posterior uso, polo que é necesario determinar a utilización futura das fontes: hai ademais circunstancias que restrinxen a documentación:
  • Principio de perdurabilidade.
    A razón formal da actividade documental xornalística, que tende a fixar a utilidade futura e o grao de permanencia dos textos e referencias na elaboración da información xornalística.
  • Principio de adecuación funcional.
    A regra metodolóxica na actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta ao tratamento específico que precisa cada tarefa e medio documental, de acordo coa súa natureza e función que realiza.
  • Principio limitativo.
    O conxunto de circunstancias reais da actividade documental xornalística, que limitan o seu exercicio e utilización de medios: localización, ámbito de difusión, tipo de publicación, periodicidade...Principio de adecuación funcional: "regla metodológica en la actividad documental periodística, por la cual esta se orienta al tratamiento específico que precisa cada tarea y medio documental, de acuerdo con su naturaleza y la función que realiza".

Características da información de actualidade
      A información de actualidade non é un conxunto multiforme de feitos puntuais sen relación entre si, senón unha complexa armazón de causas e efectos constituído polo reflexo das actividades políticas, económicas, sociais e culturais do home. As noticias non xorden da nada senón que teñen antecedentes e consecuencias. Unhas noticias relaciónanse con outras e dunhas derivan outras. Isto implica que a función dos medios de información non será simplemente dar noticias, senón ofrecer ao lector información documentada, na que cada noticia sexa vista en función das súas relacións co resto da información de actualidade. A información documentada é unha información investigada, explicada, precisa e, polo tanto, obxectiva, e é menos unha exposición de opinións. Agora ben, a documentación encontra obstáculos como a présa de tempo, característica dos medios de comunicación, sempre coa hora de peche como límite, o exceso de fontes documentais e a sobrecarga de información que obrigan a discernir entre os que vale e o que non vale.
     A información de actualidade (García Gutiérrez e Lucas, 1987) é enciclopédica, trata todo tipo de temas, o que obriga a establecer linguaxes documentais enciclopédicas, sendo ademais universal, tanto na súa difusión coma na súa orixe e fontes. Por outra parte a información de actualidade caracterízase por unha gran desigualdade no tratamento dos temas, superficialidade e profundidade coinciden nun mesmo medio. Así mesmo, a redundancia, é dicir, a repetición de contidos en distintos medios ou neste ao longo do tempo, formulará problemas de selección. A obsolescencia da información de actualidade formulará problemas de conservación e de almacenamento e, por último, a propia linguaxe xornalística e as súas modas, formularán problemas na linguaxe documental.
    As principais características da información de actualidade dende a perspectiva do traballo documental son expostas por Amat e Blasco:
1. Coincidencia episódica. As mesmas noticias son ofrecidas por todos os medios diarios nas mesmas datas e posteriores, así como nas revistas xerais nas súas datas de publicación e nos espazos informativos non diarios dos medios audiovisuais. A causa é a dependencia dos medios das axencias e, sobre todo, dos produtores dos feitos que se constitúen en noticia e nunha interpretación coincidente das expectativas da audiencia.
2. Redundancia cíclica. A actividade xornalística céntrase na cobertura dos feitos contemporáneos. Como a actividade humana é recorrente, o tratamento dado a esta cobertura tamén éo. Determinado acontecementos teñen unha frecuencia diaria (bolsa), outros semanal (reunión do consello de ministros), outros mensual (IPC, datos do paro), trimestral (grandes operacións de tráfico) ou anual (oscars de Hollywood). Isto fainos previsibles para a documentación.
3. Efecto Mateo. "Moitos son os chamados e poucos os elixidos". Uns poucos personaxes polarizan o intyerés dos medios e aparecen nomeados en moitas noticias mentres que moitos personaxes aparecen citados polos medios poucas veces, co conseguinte desequilibrio para o tratamento da información relativa ás persoas.
4. Multiplicidade de soportes. Teletipos, noticias imprimidas, comunicados de prensa, gravacións radiofónicas, materiais visuais e audiovisuais.
5. Fragmentación da mensaxe. As mensaxes informativas transmítense fragmentadas polo ritmo de captación dos acontecementos diferente ao da publicación ou edición dos medios. Estes ademais adoitan utilizar unha estrutura en forma de tríptico: Previo (anuncio, antecedentes, previsión) - Noticia - Reaccións (Valoración, matización, contexto...) que, á súa vez, pode continuar xerando novas noticias, de tal maneira que non é doado realizar o proceso de selección nin análise documental pois non hai criterio nin perspectiva abondo.
6. Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito pechado pode reabrirse e pode devolver o protagonismo a personaxes e feitos con independencia da súa antigüidade.
7. Documentos compostos. Textos con fotografías e gráficos, por exemplo, formulan dificultades de organización documental e de deseño das ferramentas de recuperación documental.
8. Lei do mínimo esforzo. A présa de tempo coa que se adoita traballar vai en detrimento de respostas e tratamientos da información elaborados.
9. Estratificación de usuarios e usos. Trabállase para usuarios moi diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.
10. Relatividade de significado. Os documentos xornalísticos cambian o seu significado en distintos contextos e admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios. Isto fainos polivalentes. En información audiovisual isto é especialmente significativo: Así uns planos de recurso gravados nuns laboratorios de investigación farmacolóxica poden servir para unha noticia sobre a SIDA outra sobre unha epidemia de pneumonía, unha reportaxe sobre o traballo cualificado da muller, outro sobre política científica e, unha noticia sobre o prezo dos medicamentos. Os datos sobre roubos de coches son interesantes para para un redactor de sucesos e para un redactor das páxinas de economía. Ao primeiro interésalle a evolución dos actos delituosos, o segundo interésase pola súa repercusión no custo dos seguros dos automóbiles.
     Habería que engadir unha última característica do discurso informativo: a omisión. Os textos xornalísticos omiten sempre información, voluntaria ou involuntariamente e isto debe ser tido en conta polo documentalista que debe facelos perdurables a longo prazo pois algunhas omisións son detectables e subsandables no momento, pero non tempo despois. Os principais tipos de omisión son os seguintes:
  • Omisión doxológica: Ocúltase deliberadamente información. Pode sermanipulativa (o ausente actúa como reforzo adicional do expresado) ou pode ser neutral (dáse por sabido o omitido).
  • Omisión agnósica: Omítese o que se descoñece, é involuntaria pero produce un efecto sobre o lector.
  • Omisión imposta: Exércese por razóns alleas ao desexo do autor: razóns de espazo ou tempo.

Funcións
    A Documentación informativa móstrase necesaria para a práctica do xornalismo dadas as súas seguintes funcións en opinión de Galdón:


  • A función preparatoria

     Estriba en proporcionar aos redactores os coñecementos precisos sobre as persoas, institucións, temas ou países que van ser obxecto da súa dedicación informativa concreta e inmediata. Ao disipar a frecuente ignorancia do informador sobre o obxecto informativo que ten que abordar, esta función contribúe a paliar a conseguinte superficialidade informativa.



  • A función crítico-verificadora
      Trata de subministrar ou poñer a disposición dos xornalistas a información pertinente sobre as fontes e os temas tratados para que poidan comprobar os seus intereses e fiabilidade; o grao de exactitude e a veracidade das declaracións alleas, e realizar tamén a correspondente autocrítica gnoseolóxica. Parece evidente que esta función é nuclear e vital para evitar a falsedade e a falsificación da realidade e, por ende, a manipulación dos propios informadores e dos receptores por parte de diversas fontes interesadas.



  • A función completiva
     Actualízase cando se buscan e proporcionan os antecedentes e relacións necesarios para completar a información de mera actualidade e superficial, e poder así facerse e facer unha síntese cabal do acontecemento de que se trate. Esta función contribúe "a posteriori" a suprimir a superficialidade noticiosa.

  • A función lingüístico-clarificadora
     Consiste en poñer a disposición dos informadores os diversos dicionarios, os usos e normas, as fontes iconográficas, etc., para que poidan utilizalos en prol dunha elaboración textual e gráfica correcta, precisa e clara. Ao contribuír á comunicabilidade da mensaxe informativa palia a falta de entendemento e comprensión de moitos deles por parte dos receptores.

  • A función modélico-narrativa
     Ten por obxecto subministrar artigos con formas de expresión claras e estruturas narrativas adecuadas co fin de facilitar o traballo dos informadores, sobre todo cando deban comunicar ideas ou coñecementos acerca de realidades complexas ou que pertencen a un ámbito especializado cunha linguaxe propia. Polo que representa outra axuda singular e necesaria para lograr esa intelección axeitada da mensaxe informativa.

  • A función orientadora
    Ten que ver tanto coa continua fundamentación axeitada dos principios editoriais propios como co coñecemento das necesidades informativas reais dos cidadáns. Consiste en subministrar ao director, consello editorial, editorialistas e colaboradores, os datos, análise, estudos sociolóxicos e ideas que facilitan o seu labor específico. Esta función contribúe á formación dun diálogo público reflexivo, ponderado e racional e, polo tanto, evita a imposición autoritaria dos desexos e ideas duns poucos.

  • A función de actualización científica
    Estriba en facilitar aos informadores os textos pertinentes para que poidan estar ao día sobre o desenvolvemento da súa misión específica dentro do proceso informativo e sobre o ámbito temático no que aquela se desenvolve. Ao paliar a ignorancia, a rutina e a burocratización dos informadores, esta función rompe diversas barreiras ao mesmo tempo.

  • A función informativa propia
     Fai referencia á dimensión do fondo documental como fonte principal e imprescindible na elaboración de cronoloxías, dossiers temáticos, informes, descricións necrolóxicas, perfís biográficos e outros contidos informativos. Elaboración que, as máis das veces, se realiza no propio servizo de documentación, o cal converte ocasional pero regularmente aos documentadores en redactores especializados. A través destes "xéneros documentais" dáse razón cabal de realidades que non poden ser ben tratadas por outros xéneros máis habituais, e rompen as barreiras da fragmentación, trivialización e despersonalización da realidade.


Finalidade
     
     Segundo Mª Eulàlia Fuentes i Pujol existen tres funcións ou finalidades principais dos servizos de documentación dos medios de comunicación:
      a) Proporcionar fontes concretas para poder comprobar rapidamente un feito ou un dato.
      b) Ter materiais suficientes para situar os distintos temas no seu contexto.
     c) Actuar como "fontes de inspiración" xa sexa para novas ideas ou en novos enfoques sobre temas xa coñecidos, que se axustan ás peticións concretas dos usuarios principais destes servizos, os xornalistas:
     - Datos concretos sobre un tema ou para a súa verificación.
     - Visión xeral dun tema.
     - Información complementaria para ampliar ou crear temas.

     Galdón destaca tres ámbitos fundamentais:
    1- Establecemento dun vínculo entre o xornalista e o documentalista, o que fai máis doada a elaboración da mensaxe, que o lector debe ser capaz de comprender na súa totalidade.
     2- Interdisciplinaridade, grazas á documentación.
    3- O xornalista mudou o seu papel, converténdose en buscador de información á vez que documentalista, facendo así que as labores de documentación deixaran de ser labores dedicadas exclusivamente a expertos.



Os centros de documentación nos medios de comunicación
     Toda empresa informativa, calquera que sexa o seu medio de difusión, prensa, raio ou televisión, necesita, para a elaboración dos seus contidos informativos, do apoio de textos, de información escrita. Polo tanto, a documentación escrita non é patrimonio exclusivo dos xornais.
    Cos obxectivos citados arriba, o centro de documentación escrita deberá recoller unha ampla serie de documentos e tratalos seguindo o esquema clásico da cadea documental coas peculiaridades propias do ámbito de traballo.
     Os centros de documentación mostran un dos mellores exemplos da retroalimentación da información:
·     Ao centro de doumentación chegan información, documentos e noticias, que sofren un proceso de tratamento da información para posteriormente almacenarse nunha base de datos
·        Esas mesmas informacións que recolleu o centro de documentación poderanlle servir a outro xornalista para recuperar información ou recurrir a ela para completar unha noticia
    As variables que axudan a medir a percepción positiva do centro de documentación por parte dos xornalistas do medio son:
  •           O tempo de resposta en resolver unha petición
  •          A cantidade de fontes de información accesibles
  •          A credibilidade e fiabilidade da fonte
  •          A calidade da resposta do entro de documentación
  •          A capacidade de previsión do centro de documentación



    Criterio para a selección de información.


    A política de selección dun centro de documentación escrita deberá ter en conta, ademais dos factores propios da selección en xeral, outros aspectos derivados do propio carácter da información de actualidade.

     En primeiro lugar haberá que determinar que información se selecciona en función do tipo de información que o medio ofrece; así, un medio de información local seleccionará noticias só de carácter local, pero unha axencia informativa internacional deberá recoller todo tipo de noticias.

     Outro aspecto que haberá de terse en conta será a xa citada redundancia da información: unha mesma noticia pode desenvolverse ao longo de varios días, sendo conveniente, en ocasións, fundir todas elas nunha soa ficha.

     E tamén haberá de terse en conta a obsolescencia da información, que obrigará a desenvolver unha política de limpeza e depuración de fondos que haberá que prever dende a mesma selección.

    
      Galdón (1986) suxire, para a selección, a aplicación dos seguintes criterios:
  • Criterios de seguridade de utilización e novidade documental, avaliando o que realmente é susceptible de reutilización e o que é novo.
  • Criterios de seguridade de utilización e novidade documental, avaliando o que realmente é susceptible de reutilización e o que é novo.
  • Criterio de exclusión, consistente en non escoller o que xa se ten; criterio de perdurabilidade, polo cal se determina o grao de permanencia e validez dos artigos de opinión, análise e ideas;
  • Criterio explicativo, para seleccionar artigos que potencien a comunicabilidade e explicación cabal dos feitos.
  • Criterio editorial, polo cal artigos de análise, opinión e ideas que sirvan para fundamentar a liña editorial do xornal serán seleccionados;
  • Criterio limitativo, baseado na periodicidade da publicación
  • Criterios de seguridade de utilización e novidade documental, avaliando o que realmente é susceptible de reutilización e o que é novo.
Os documentos que interesan a un centro de documentación informativa escrita son os seguintes:


1. Todo o material editado ou emitido polo propio medio.

2. Despachos de axencias informativas.

3. Xornais nacionais e estranxeiros.

4. Revistas de información xeral.

5. Comunicados de prensa.

6. Revistas especializadas.

7. Estatísticas.
8. Informes técnicos.
9. Publicacións oficiais.
10. Obras de referencia. (Enciclopedias, anuarios, directorios, cronoloxías, biografías, etc.).

Organización da documentación escrita.

    A fonte documental máis importante e completa sobre a información de actualidade está localizada nos propios medios transmisores desta información, en concreto na información xornalística. En consecuencia, unha das decisións máis importantes nun centro de documentación escrita é a de que facer con esta documentación, como tratala, que tipo de análise documental efectuar, etc... Para iso temos dúas opcións non excluíntes: a primeira é a solución tradicional, os informes temáticos clasificados, e a segunda é a derivada da aplicación da informática ao proceso documental xornalístico, a creación dunha base de datos de prensa.

Sistema automatizado.

Consiste na creación dunha base de datos en soporte informático composta por fichas de cada noticia, que pode ir completa ou resumida. Pódese propoñer un deseño de formato formado, polo menos, polos campos seguintes:
AUTOR.
XORNAL.
URL: En caso de edición dixital.
DATA, PÁXINA, SECCIÓN.
XÉNERO.
TITULO.
RESUMO DA NOTICIA.
IDENTIFICADORES OU PALABRAS CLAVE.
PERSOAS.
LUGARES.

A representación da documentación escrita 
     A representación da documentación escrita é o conxunto de termos que sintetizan un texto. Os termos poden presentarse en forma de descriptores, palabras clave ou incluso en forma de resumo. Os descriptores diferéncianse das palabras clave en que os primeiros son termos e expresións aceptados nunha linguaxe documental estruturada, coma os tesauros, mentres que as palabras clave son termos ou expresións que non pertencen a ningunha linguaxe estruturada.
    Unha vez descritas e representadas as noticias é necesario almacenar o orixinal para a súa rápida localización e acceso. Dependendo do medio as copias soen estar en formato imaxe (o que se garda é unha copia para ser reproducida integramente como o foi o orixinal) ou en formato texto (o documento orixinal está almacenado na base de datos e pode reproducirse de xeito independente a como se reproduciu orixinalmente).

As fontes de información
As fontes de información son unha peza clave para entender o proceso de documentación. Galdón establece a existencia de dous tipos de fontes:
  •          Fontes internas: as que xera o propio medio de comunicación
  •          Fontes externas: xeradas por outros medios, editoriais e organismos públicos e privados. Á súa vez estas divídense en:
o    Libros de referencia
o    Índices de diarios a revistas de información xeral
o    Selección de publicacións xornalísticas
o    Outros materiais (libros de gravados, fotografías, etc.)
o    Bases de datos


A cadea documental
     Os Centros de Información e Documentación, como xa dixemos previamente, teñen un obxectivo esencial que é ofrecer aos usuarios para o que traballan a información que necesiten, ben sexa de xeito puntual ou de xeito permanente, en resposta a unha demanda concreta ou ben anticipándose aos seus desexos e, todo elo, coa mellor relación calidade-precio posible. Para isto deberán articular unha serie de operacións que, en conxunto, constitúen a cadea documental, integrada por operacións de entrada e tratamento, operacións de saída e difusión e operacións de mantemento.
  •     Operacións de entrada. Son as que conducen á formación dos depósitos de documentos e a produción de representacións destes que formarán os ficheiros interrogables, manuais ou informáticos. Son as seguintes: selección e adquisición de documentos e análise documental. Esta última xira en torno á descrición física do documento (catalogación), descrición do seu contido para a súa organización e localización e para o seu coñecemento e información (resumo analítico). A suma de todas as operacións dará lugar a novas formas de representación do material analizado: Catálogos, ficheiros, boletíns bibliográficos, etc.
  • A operación que describe o documento para a súa identificación física chámase catalogación e réxese por unha serie de instrucións ou normas convencionais universalmente aceptadas para cada tipo de documento. A norma máis estendida é a ISBD (International Standard Bibliographic Description), dentro da cal están a ISBD(M), para monografías, ISBD(S), para publicacións periódicas ou ISBD(ME) para materiais non librarios, é dicir, video, películas, etc. O propósito da descrición física é subministrar unha representación do documento que o describa de forma única, sen ambigüidades, e que permita logo identificalo, localizalo, incorporalo aos ficheiros e catálogos, ou solicitar un exemplar cando se requira.
  • A indexación é a operación pola cal se escollen os conceptos máis axeitados para representar o contido dun documento (é dicir, os temas que este trata) e a tradución destes conceptos a termos extraidos dunha linguaxe documental (Thesaurus ou clasificación). Con iso preténdese desenvolver un sistema que permita a busca dos documentos polos temas que tratan. É polo tanto a operación central de todo sistema documental, tanto para o almacenamento coma para a recuperación da información.
  • O resumo analítico, por último, é unha breve exposición do contido dun documento na cal se indica o carácter deste, o seu contido e as conclusións a que chega. Ten por obxecto mellorar os resultados da difusión ofrecendo ao usuario unha visión clara do contido dun orixinal, chegando en ocasións a substituílo.
  • Almacenamento: É a operación consistente en ordenar os documentos nas mellores condicións posibles para a súa conservación e uso. Todo documento mal ordenado é un documento virtualmente inexistente. En xeral hai dúas modalidades diferentes de almacenamento: a primeira é un sistema numérico polo cal se asigna un número diferente a cada documento e se ordenan correlativamente; a segunda modalidade baséase nunha clasificación sistemática pola cal se ordenan os documentos en función do seu contido. Para definir a modalidade de almacenamento e o mobiliario necesario haberá de terse en conta a frecuencia e tipo de uso que se faga dos documentos, o espazo do que dispoñemos e os axentes de deterioración que actúen sobre os documentos.
  • Operacións de saída. A difusión é o proceso polo cal se transmiten ao usuario a información ou os documentos que necesita ou ben se lle dá a posibilidade de acceder a eles. É o desenlace de todo o proceso documental xa que todo Centro recolle e procesa información co propósito de difundila, sendo a difusión a verdadeira razón de ser da Documentación. Non hai unha forma única de difusión, senón diferentes tipos de produtos e servizos capaces de vehicular información cara aos usuarios. Non obstante, co obxecto de sistematizar poden distinguirse dúas formas básicas de difusión, a difusión baixo demanda e a difusión documental. A difusión baixo demanda realízase cando o usuario se dirixe ao Centro de Documentación co obxecto de solicitar unha información concreta. Coñecida a demanda o documentalista interroga o sistema a partir de distintos parámetros como o tema da busca, os motivos da busca, o grao de detalle necesario, os tipos de documentos que o usuario desexa (Libros, revistas, informes de traballo, folletos, literatura comercial, etc.), o punto de vista, as formas de tratamento, as localizacións espazo-temporais, as fontes concernidas e dispersión da información entre elas. Un aspecto importante a ter en conta é que o diálogo documentalista-usuario debe aclarar da mellor forma posible o desexo real do usuario, co obxecto de interrogar ao sistema de forma pertinente, escollendo as fontes óptimas e o vocabulario axeitado. Igualmente pode considerarse difusión baixo demanda a consulta en liña a unha Base de datos. Realizando a busca baixo os mesmos parámetros pero sen a mediación dun documentalista da propia Base de datos, o usuario pode obter a información, ben sexa referencial ou ben texto completo, no seu propio ordenador. En canto á Difusión documental é aquela que implica iniciativa por parte do Centro de Documentación. Este deberá estudar os seus usuarios co obxecto de descubrir que tipo de información necesitan e como desexan obtela para poder prever o sistema de difusión axeitado. 
  • Operacións de mantemento.
    Son aquelas que permiten levar a cabo e mellorar as funcións básicas da cadea documental: Selección, elaboración ou mellora dos útiles conceptuais utilizados (Tesauros, normas, programas, etc.) e dos equipos técnicos necesarios.
    En definitiva, o traballo do centro de documentación consistirá, en certo modo, na transformación de documentos orixinais en instrumentos de referencia que os representen destinados a facilitar aos usuarios a colecta de informacións útiles para as súas necesidades concretas.

Internet e documentación
    A introdución e o uso de Internet están a revolucionar os métodos de traballo nas redaccións de xornais e nos centros de documentación. Os procesos de automatización nos centros de documentación xornalística dende os anos 60 pódense agrupar en catro etapas:
1. Cortar, pegar e carpetas (1954-1972).
2. Microfilmación e grandes bases de datos en prensa (1973-1982).
3. Os CD-ROMs e as primeiras bases de datos propias (1983-1992).
4. Texto completo e interconexión de sistemas (1993-1997).
    A chegada de internet ás redaccións xornalísticas supuxo unha auténtica revolución para os xornalistas e tamén para os documentalistas. A posibilidade de publicar noticias en formato dixital permitiu aos centros de documentación xogar un papel fundamental para a introdución da Intranet nos medios de comunicación. Coa aparición da World Wide xerouse a necesidade dunha creación de mecanismos que controlaran a localización dos recursos que se ían publicando Son os directorios e os motores de búsqueda. Sen embargo, a pesar destes sistemas, atopar información valiosa na rede segue sendo unha ardua tarefa, xa que hai milleiros e milleiros de páxinas nas que consultar información. A labor dos documentalistas mudou coa aparición de internet, e así asumen novos papeis para que ao usuario lle sexa máis doada a selección da información: son guías, xestores de perfís do usuario, formadores da aprendizaxe do uso das fontes de información, organizadores e orientadores de recursos, así como os instrumentos para localizar as fontes de información.



Bibliografía




Esquema

1. Introdución
Medios de comunicación    →   fontes de comunicación
Boa documentación →  imprescindible para unha boa información
Historia da documentación, xunto cos comezos da escritura


2. Concepto
Paul Otlet, acuña por primeira vez o concepto de "Documentación" (1934)
  • "Ciencia xeral que abarca o conxunto sistemático clasificado dos datos relativos á produción, conservación, circulación e utilización de escritos e documentos de calquera especie"   
  • Documentación: ciencia dos documentos, ciencia de todas as ciencias
      Escola norteamericana, "Information Science" ruptura da postura otletiana
      Definición da RAG
      Diversas definicións dos estudosos


     3. Principios

      1. Teolóxicos
  •      Verificativo
  •      Explicativo
  •      Editorial
      2. Formais e circunstanciais
  • Principio de perdurabilidade
  • Principio de adecuación funcional
  • Principio limitativo


 4. Características da información de actualidade

1. Coincidencia episódica
2. Redundancia cíclica
3. Efecto Mateo
4. Multiplicidade de soportes
5. Fragmentación da mensaxe
6. Latencia
7. Documentos compostos
8. Lei do mínimo esforzo
9. Estratificación de usuarios e usos
10. Relatividade de significado
      A omisión
        - Omisión doxológica
        - Omisión agnósica
        - Omisión imposta



5. Funcións
  • A función preparatoria
  • A función crítico-verificadora

  • A función completiva
  • A función lingüístico-clarificadora
  • A función modélico-narrativa
  • A función orientadora
  • A función de actualización científica
  • A función informativa propia

6. Finalidade
A. Segundo Mª Eulàlia Fuentes i Pujol
B. Segundo Galdón



7. Os centros de documentación nos medios de comunicación
1. Variables que axudan a medir a percepción positiva do centro de documentación por parte dos xornalistas 
  •           O tempo de resposta en resolver unha petición
  •          A cantidade de fontes de información accesibles
  •          A credibilidade e fiabilidade da fonte
  •          A calidade da resposta do entro de documentación
  •          A capacidade de previsión do centro de documentación

      2. Criterios para a selección de información
  • Criterios de seguridade de utilización e novidade documental
  • Criterios de seguridade de utilización e novidade documental
  • Criterio de exclusión
  • Criterio explicativo
  • Criterio editorial
  • Criterio limitativo
  • Criterios de seguridade de utilización e novidade documental


    3. Organización da documentación escrita

    4. Sistema automatizado

    5. A representación da documentación escrita

    6. As fontes informativas
    A. Fontes internas
    B. Fontes externas → Libros de referencia
    o    Índices de diarios a revistas de información xeral
    o    Selección de publicacións xornalísticas
    o    Outros materiais (libros de gravados, fotografías, etc.)
    o    Bases de datos

    7. A cadea documental
        7.1. Operacións de entrada e tratamento
        7.2. Operacións de saída e difusión 
        7.3. Operacións de mantemento

    8. Internet e documentación. Catro etapas:
    1. (1954-1972)  Cortar, pegar e carpetas 
    2. (1973-1982) → Microfilmación e grandes bases de datos en prensa 
    3. (1983-1992)  Os CD-ROMs e as primeiras bases de datos propias 
    4. (1993-1997)  Texto completo e interconexión de sistemas