jueves, 27 de septiembre de 2012

Analizando a César Molinas e a súa "teoría da clase política española"

O artigo publicado por César Molinas no xornal dixital El País baixo o título de Una teoría de la clase política española deu moito que falar, alcanzado unha importante notoriedade na popular rede social Twitter

O primeiro que visualizamos é o título: "Una teoría de la clase política española". Algúns pensadores non consideran aos políticos coma unha clase aparte. César Molinas si o fai. E eu tamén. Así, baséome no que di o político italiano Gaetano Mosca: en todas as sociedades existen dúas clases de personas: a dos gobernantes e a dos gobernados. A primeira sempre é a minoritaria, desempeña todas as funcións políticas, monopoliza o poder e disfruta das súas vantaxes. A segunda é a maioritaria e é dirixida dunha forma máis ou menos legal pola primeira. (Como complemento, aquí pode ver o lector un documento no que se analiza a teoría das élites de Gaetano Mosca).  Pois ben, en España a clase política está constituída por uns poucos que dirixen á gran maioría, que somos os cidadáns. Mais, por suposto, dentro desa clase política é mester facer distincións: non é o mesmo o poder e dorminio que exerce o presidente do Goberno español que o concelleiro do pobo máis pequeno de España.

A continuación Molinas disponse a enunciar a súa teoría. Segundo el, unha boa teoría da clase política española debe de responder a unha serie de puntos. Así enuncia a primeira cuestión: 
¿Cómo es posible que, tras cinco años de iniciada la crisis, ningún partido político tenga un diagnóstico coherente de lo que le está pasando a España?
E así califica á clase política española como élite extractiva, entendóndese por tal aquela que ten un sistema de captura de rendas que permite substraer rentas da maioría da poboación en beneficio propio e co poder necesario para impedir un sistema no que se distrirbúan o poder político e económico de xeito amplo, respectando o Estado de dereito e as normas do libre mercado. Tal e como Molinas afirma, "a clase política española ten que defender, como o está facendo de xeito unánime, que a crise é un acto de Deus, algo que vén de fora, imprevisible por natureza e ante o cal só cabe resignación". É certo que os responsables da crise financieira que atravesa o noso país non son na súa totalidade os políticos, pero tamén teñen a súa parte de culpa. Mais a resposta a esta pregunta podería ser esta: tanto o goberno do PP como o do PSOE sempre facilitaron a especulación e a acumulación de deuda privada do sector financeiro e de grandes empresas. Como se lles pode pedir un diagnóstico coherente a estes partidos sobre o que está pasando cando son eles os primeiros en converter a deduda en soberana e traspasala aos cidadáns, por ordes dos verdadeiros poderes? (ou sexa, Alemaña).

Segunda pregunta do autor:
¿Cómo es posible que ningún partido político tenga una estrategia o un plan a largo plazo creíble para sacar a España de la crisis? ¿Cómo es posible que la clase política española parezca genéticamente incapaz de planificar?
Coincido totalmente na súa resposta: "a clase política española, como élite extractiva, non pode ter outra estratexia de saída da crise distinta á de agardar que escampe a tormenta. Calquera plan a longo prazo, para ser crible, ten que incluír o desmantelamento, polo menos en parte, dos mecanismos de captura de rendas dos que se beneficia. E, por suposto, isto non se plantea".

A cuestión seguinte ten que ver coas desculpas:
¿Cómo es posible que la clase política española sea incapaz de ser ejemplar? ¿Cómo es posible que nadie-salvo el Rey y por motivos propios- haya pedido disculpas?
A clase política considera que está defendendo os seus intereses particulares, mais non se considera responsable da crise e da situación de España na actualidade. O perdón do Rei foi debido a unha conducta moi rexeitada por todos os españois como é o feito de que a súa Maxestade viaxe a África a cazar elefantes, acto que se considera como un derroche e unha conducta "pouco exemplar" para os tempos que corren. Xa que, lembremos, o viaxe do Rei pagámolo todos os españois. Voltando ao tema, nin o actual presidente do Goberno, nin o anterior, nin ningún político vai pedir perdón. E de conducta exemplar nin falemos. Mencionar ao caso Gürtel, por parte do PP, e o caso Campeón, por parte do PSOE, é un bo comezo. Numerosos son os casos de corrupción por parte da clase política. 

Para rematar, a última cuestión que formula Molinas é esta:
¿Cómo es posible que la estrategia de futuro más obvia para España -la mejora de la educación, el fomento de la innovación, el desarrollo y el emprendimiento y el apoyo a la investigación- sea no ya ignorada, sino masacrada con recortes por los partidos políticos mayoritarios? 
Aquí fala do adoutrinamento. Ao Estado e ao Goberno que exerce o poder interésalle adoutrinar ás masas na súa ideoloxía.  

Dous puntos máis que me gustaría resaltar do artigo de Molinas son os seguintes:

A predicción. Vanse precisar moitas máis reformas no sector público e a España aínda lle quedan bastantes anos para saír da crise. Por outra banda, fálase da desconfianza dos españois cara os políticos e as reformas e recortes aplicados. Desconfianza, por outra banda, totalmente comprensible, xa que a xente está percibindo menos ingresos a cambio dunha suposta mellora e dun suposto crecemento económico que non aparece. Molinas menciona a saída do euro como resultado da escolla do nacionalismo fronte Europa. Eu penso que iso non sucederá. A España non lle convén saír do euro. E á zona Euro tampouco lle interesa (agardemos que continúe sendo así) que España o faga. Se España sae do euro implicaría, como acertadamente di Molinas, unha volta á España dos 50 no ámbito económico, ao caciquismo e á corrupción (aínda máis descarada, se é posible).

Para rematar, o cambio do sistema electoral. A solución que propón César Molinas é un cambio do sistema electoral que temos actualmente. Cambio co que non estou dacordo. O autor propón o paso dun sistema electoral proporcional, con listas pechadas e bloquedas, feitas polas cúpulas dos partidos políticos, a un sistema electoral maioritario con cargos electos que responden ante os seus electores, no canto de facelo de xeito exclusivo ante os seus dirixentes partidarios. Con esta proposta acabarían por beneficiarse os dous partidos maioritarios, é dicir, o PP e o PSOE, favorecendo aínda máis o bipartidismo vixente en España, por moito poder que diga que se lles quitaría aos partidos. 

A pregunta que deixa no aire é: para cando un cambio? Con cambio refírese a instaurar en España un posible goberno tecnócrata. A miña opinión é que iso non sucederá. Non creo que en España se chegue ao caso de Italia. 

En conclusión, interesante artigo, moi recomendable a súa lectura e cuns temas moi profundos e complexos para a súa análise. Mais eu non son ningunha entendida, polo tanto limítome a dar a miña modesta opinión.


1 comentario:

  1. Diso se trata, de dar o teu punto de vista para coñecer que aportacións te parecen interesantes do texto. Hai ademais un punto interesante, traer a colación ao politico e xurista Gaetano Mosca que fala moito das élites/clase política en varios dos seus libros. E que tamén traballou en el Corriere de la Sera. Por iso, sería interesante que xa que o mencionas, ofreceras algunha URL que aportara algúns elementos documentais sobre o seu traballo e as súas ideas.
    Maldita Documentación

    ResponderEliminar